Esa bendita terra,
de onde as miñas raíces veñen,
está chea de luz e de esperanza,
está chea de amor e de ilusión.
Cando as follas caen das árbores,
cando o ceo se volve gris,
e se respira un aire fresco e frío,
Galicia entra no outono,
e gústame vela así.
Cando a chuvia se volve costume,
cando un gran manto de neve a cobre,
e anoitece moi cedo,
Galicia entra no inverno,
e gústame vela así.
Cando os toxos dos seus campos florea,
cando o sol nos regala o seus primeiros raios,
e o aire fresco se volve cálido,
Galicia entra na primavera,
e gústame vela así.
Cando o seu ceo é azul e intenso,
cando o seus campos e as súas praias están cheas de xente,
e soan as campás de festas por todas as súas aldeas,
Galicia entra no verán,
e gústame vela así.
Galicia é durante todo o ano,
esa terra húmida e branca,
esa terra verde e fresca,
esa terra fermosa e meiga,
que sempre terá o recuncho,
máis cálido e humano,
do meu comprensivo corazón.
Este poema he querido publicarlo en gallego, con todos mis respetos, en homenaje a mi padre y a sus paisanos.
Un abrazo
Elena
jueves, 7 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario